SGAE - Sempre Gañamos Algún Euro
Por esta simple frase a S.G.A.E. (non confundir con SGAE) tentou pechar a frikipedia, páxina wiki de humor coñecida por todos. Parece mentira que censurarán a El Jueves pola portada sobre o principe e sen embargo a esta páxina non lle fagan nada por afirmar que o rei de España e Mazinguer Z, nembargantes a Sociedad General de Autores Españoles (que dito sexa de paso non representa nin á metade dos mesmos) pode demandalos e metelos nun follón por semellante artigo. E piden 12.000€... a onde imos parar, ó final aqui para facerse rico hai que facerse da S.G.A.E. porque xa o di a SGAE Sempre Gañamos Algún Euro. Por certo, a S.G.A.E. non demanda nin persegue ós contidos Creative Comons, G.P.L. e cousas polo estilo para non chamar a atención do gran público sobre este tipo de licenzas. Agardo que este post non sexa motivo de denuncia posto que en galego a S.G.A.E. sería S.X.A.E. pero nunca se sabe.
P.D.: De tódolos xeitos isto, NON, NON o escribin eu¡¡¡