7 may 2007

Ferrol@n Party

Este fin de semana celebrouse a Ferrol@n Party na F.I.M.O., primeira party de Ferrol. Estiven por alí con Nelson dende o venres (16h.) ata o sabado (00h.). O evento non estivo mal aínda que a organización ten moitas cousas que mellorar para anos vindeiros.

Cousas boas

-Pack de benvida: coa entrada daban un bolsiño, unha revista, un cd có openoffice en galego e uns panfletos de mancomun.org e unha empresa patrocinadora. Non é que fora para botar foguetes, pero algo é algo.

-Ambiente: Houbo moi bo ambiente tanto entre participantes como coa organización, falabas con todo o mundo e se algo non saia botabanche unha man encantados, non coñecin a ningún que fora de sobrado. A organización portouse fetén cedendo o proxector para botar patxangas ó PES6, anunciaba o que quixeras por megafonía e sempre estaban abertos a peticións.

-Control de entrada e seguridade: Un dos aspectos dos que os usuarios estabamos máis preocupados era dos roubos, pero a organización controlou moi ben o acceso á zona de ordenadores e ó sair con mochilas ou equipos comprobaba que non houbera nada raro.

-Zona de durmida: para durmir habia unha zona habilitada con moqueta no chan e bastante menos frio que na zona de ordenadores.

-Patxanga de futbol: O sabado pola tarde organizaronse unhas patxangas de futbol no exterior do pavillón que fixo que a xente despegarase un pouco da pantalla.

-Concursos: houbo concursos de moitos temas; videoxogos, deseño 2D/3D, modding, subida a servidor FTP. Con premios en tódalas categorias.

-Sorteos: ademáis dos premios polos concursos o venres e o sabado sortearonse 2 impresoras laser multifunción entre os asistentes.

-Web interna: web de acceso para participantes onde se colgaban fotos, comentarios...


-------------------------------------------------------------------------------------------------

Cousas a mellorar

-Temperatura: Polas noites facia un frio tremendo, o pavillón era demasiado grande para quentalo coas CPUs.

-Bilingüismo: Quitando o cd do openoffice que daban á entrada, non habia nada en galego.

-Organización de campionatos: Os campionatos de videoxogos tiñan unha organización algo caótica, os organizadores limitaronse a que se puxeran dacordo os participantes para poñer as reglas e horarios, e de feito o sistema de competición variou segundo pasaban as eliminatorias.

-Desinformación: A organización tiña un proxector cunha presentación (powerpoint) na que se ía pasando os servizos dos que se dispoñia (DC++, FTP, web interna, programa...) e das direccións para conectarse, pero houbo moita xente que non se enteraba. Eu mesmo tiven que configurar moitos equipos e seica houbo xente que non usou certos servizos. Estaría mellor que derán unha folla de explicación na entrada.

-Domingo: Falta de eventos para o domingo que fixo que moita xente marchara o sabado pola noite.

-Web interna: Non se colgou ata o sabado pola tarde, debería estar dende o comezo da party. Houbo xente que non se enterou de que existía e o wordpress petou por tódolos lados con tantas conexións.

-Saida a internet: a rede externa colgouse vairas veces e tiñamos un acceso moi lento a internet. Ás veces era imposible conectar.

-Recursos nocturnos: faltou dispo de café pola noite, aínda que fora de máquina. O venres levei a un rapaz de Compostela e a outro de Coruña ata o 24hs.

------------------------------------------------------------------------------------------------
------------------------------------------------------------------------------------------------

Como anécdota sinalar que o venres pola tarde (ainda habia pouca xente, 20/30) veu Juncal con algun concelleiro e puxeronse a ver como xogabamos, Nelson e eu, ó COD2. Os xornalistas revoloteando en torno ás nosas máquinas coas cámaras.

Paseino xenial e repetirei se se celebra o vindeiro ano e animo a todo o mundo que se anime, que non hai que controlar moito de informática para ir, simplemente ter gañas e ordenador propio.

-------------------------------------------------------------------------------------------------

O meu equipo na galeria de Ferrol@nParty


2 comentarios:

Jimmy dijo...

Claro que hai que repetilo. Eu non me enterei da pachanga ó fútbol, pero houbese ido encantado. Tamén se me esqueciu o concurso de subir por ftp.
Espero que nos atopemos de novo en algún evento de este estilo.
Un abrazo, Juan

XanBello dijo...

Eu tamen fun, o que botei eu de mal que o recinto estaba moi vacio, nas mesas alomellor o teu beziño tiñalo a 2 ou 3 metros, home, unha cousa e ter sitio e outra ven diferente e a sensacion de vacio que creaba. despois polo resto algunha cousa se pode mellorar, pero eu paseino moi ven.

PD: eu son vilalbes e son galego falante, pero nun evento de ferrol non me esperaba que respetasen moito o galego