26 abr 2007

'Só' a metade das webs do pais están en galego

A semana pasada saiu en Vieiros unha entrevista co investigador do IDEGA, Carlos Macía, o cal afirmaba que o 54% das webs da nación están en galego. A min a nova sorprendeume; actualmente o galego está en franca desvantaxa con respeccto ó castelán: 1 canle de tv contra 7/8, 1 diario contra todos, 1 radio (con sorte algunha máis local) contra o resto... e nembargantes incriblemente ¿en internet usase máis o galego que o castelán? Non pode ser¡¡¡. Lendo a nova, explicabase doadamente: os blogs¡¡

Resulta que a maior parte dos blogs están en galego (grazas ó blogomillo) e claro como agora ata Pachara ten blog, fan media co resto de páxinas; porque...¿cantas páxinas de empresas, concellos, asociacións... do pais están en galego? ¿5? ¿6? Está claro que o uso do castelán abre moito mercado e posibilita chegar a máis xente pero tamén temos a obriga moral de protexer e usar o idioma da nosa terra e dos nosos antergos.

Moitas veces escoitamos de disputas lingüísticas en Catalunya ou Euskadi, cousa que aquí non pasa, e os políticos alaban o carácter galego. Eu penso que detrás desta falta de disputas escóndese a falta de compromiso coa lingua. É un feito que porcentualmente, Galiza é onde máis se fala a lingua propia no estado español, pero tamén é un feito que a tendencia é perder falantes. Moitos galegofalantes deixan de usar a lingua materna e case ningún castelanfalante mudase á fala de Breogan. Os lingüistas levan anos advertindo da situación, pode ser que en 100 anos o galego teña case que desaparecido¡¡, nunca en galego se editaron tantos libros ou tivo tanto apoio institucional e nunca se usou tan pouco a lingua coma agora.

Teño claro que a situación actual depende das decisións individuais de cada un, pero que triste sería falarlle ós meus netos dunha língua que existía antigamente na súa terra e que perdeuse polo pasotismo e falla de compromiso da sociedade.

23 abr 2007

Festival a prol do Sector Naval 1985

Fai uns dias buscando por Youtube videos sobre Ferrol, atopeime cunha serie de concertos que se celebraron no pavillón da Malata en 1985 a prol da industria naval. Sorprenderonme os nomes dos participantes. Un auténtico festivalazo nun ambiente de protesta obreira:



Intro
--------






Manuel María
------------------





Terminal Norte
--------------------




Manuel Rivas
-----------------




39 Escalones
-----------------




X.L. Mendez Ferrín
------------------------




Na Lúa
----------




X.M. Beiras
---------------




Milladoiro
--------------




Antón Reixa
----------------




Os Resentidos
------------------




Dario Xohán Cabana
--------------------------




Radio Océano
------------------




Lois Dieguez
----------------




Aerolíneas Federales
--------------------------




Xosé Mª Álvarez Cáccamo
-------------------------------




Los Ilegales
---------------




Suso Vaamonde
--------------------




No 85, eu tiña 3 anos

Proxecto Trisquel

O GNU/Linux galego oficial¡¡¡ Está desenrolado pola Universidade de Vigo e pola Xunta de Galiza. Existen outros Gnu/Linux galegos (coma GNIX), pero este ten apoio institucional.

Trisquel é un proxecto de desenvolvemento de software que ten como obxectivo a creación dun sistema operativo de propósito xeral, en galego, e empregando exclusivamente software libre.

Trisquel GNU/Linux é un sistema operativo completo baseado no repositorio de aplicacións do proxecto Debian e o núcleo Linux 2.6, que inclúe o conxunto de aplicacións do Proxecto GNU, e moitas outras. Hai dúas versións: TrisGuel, con Gnome 2.14, e TrisKel, con Kde 3.5. Ambas incluen OpenOffice.org 2.0, Mozilla Firefox e outras utilidades que cubren case calquera campo da informática. Proporciona detección e configuración automatizada de todo tipo de hardware, instalación gráfica sinxela, e actualización automátizada.

Trisquel GNU/Linux inclúe os idiomas galego (por defecto), castelán e inglés.

Descargar Trisquel

Trisguel 1.0 (GNOME) RECOMENDADO
Trisguel PeME 1.0 Beta
Triskel 1.0-rc5 (KDE)


Unha mostra da potencia deste S.O. é a súa interacción co motor gráfico XGL:

Prácticas no Concello de Ferrol

A semana pasada comecei a facer as prácticas do ciclo no concello de Ferrol, no Centro de Recursos Informáticos, nas catacumbas da praza de Armas. Ante ilusión inicial, agora estou para pegarme un tiro. 7 horas diarias, de luns a venres, diante dun ordenador sen facer absolutamente nada (consultar o correo, abrir este blog...).

A verdade que o sitio é ideal, teñen unha pila de servidores, 200 e pico usuarios, material profesional... pero son funcionarios e aquí hai de todo menos presa. A filosofía de traballo é que as cousas funcionen pero sen matarse, co cal a carga de traballo é moi liviana e poucas cousas son desviadas cara min. O xefe supremo do departamento é o concelleiro de Administración Interna (non sei quen é), pero coma no resto de departamentos, non aparece por aquí nin para saudar co cal a xente anda ó seu. Aquí o típico café da maña usase para ir tomar unhas tapas, e o horario de entrada e saida depende de cada un.

E logo, o peor é que traballamos para os que mandan, PP, o venres tivemos que colocar uns micrófonos para captar o audio da sala de plenos e así poder denunciar ó público asistente que protestou pola aprobación do proxecto da fraga de Menáncaro. Manda carallo¡¡

En fin, 3 meses aquí parecenme unha eternidade có único incentivo de acadar o título do ciclo. Puff...