'Só' a metade das webs do pais están en galego
A semana pasada saiu en Vieiros unha entrevista co investigador do IDEGA, Carlos Macía, o cal afirmaba que o 54% das webs da nación están en galego. A min a nova sorprendeume; actualmente o galego está en franca desvantaxa con respeccto ó castelán: 1 canle de tv contra 7/8, 1 diario contra todos, 1 radio (con sorte algunha máis local) contra o resto... e nembargantes incriblemente ¿en internet usase máis o galego que o castelán? Non pode ser¡¡¡. Lendo a nova, explicabase doadamente: os blogs¡¡
Resulta que a maior parte dos blogs están en galego (grazas ó blogomillo) e claro como agora ata Pachara ten blog, fan media co resto de páxinas; porque...¿cantas páxinas de empresas, concellos, asociacións... do pais están en galego? ¿5? ¿6? Está claro que o uso do castelán abre moito mercado e posibilita chegar a máis xente pero tamén temos a obriga moral de protexer e usar o idioma da nosa terra e dos nosos antergos.
Moitas veces escoitamos de disputas lingüísticas en Catalunya ou Euskadi, cousa que aquí non pasa, e os políticos alaban o carácter galego. Eu penso que detrás desta falta de disputas escóndese a falta de compromiso coa lingua. É un feito que porcentualmente, Galiza é onde máis se fala a lingua propia no estado español, pero tamén é un feito que a tendencia é perder falantes. Moitos galegofalantes deixan de usar a lingua materna e case ningún castelanfalante mudase á fala de Breogan. Os lingüistas levan anos advertindo da situación, pode ser que en 100 anos o galego teña case que desaparecido¡¡, nunca en galego se editaron tantos libros ou tivo tanto apoio institucional e nunca se usou tan pouco a lingua coma agora.
Teño claro que a situación actual depende das decisións individuais de cada un, pero que triste sería falarlle ós meus netos dunha língua que existía antigamente na súa terra e que perdeuse polo pasotismo e falla de compromiso da sociedade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario