2 may 2007

Xunta e Software libre

Durante as derradeiras dúas semanas apareceu en diversos portais galegos e do resto do estado un rumor de que a Xunta de Galiza negocia con Microsoft a inclusión de novos programas desta empresa nas aulas e administración galegas. Isto non sería moi resaltable nin discutible de non existir o Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información -un documento aprobado polo Consello da Xunta no 2005 e elaborado pola Consellería de Innovación- e que aposta especificamente pola "adopción de estándares abertos para evitar a dependencia económica do exterior". Basicamente isto é, apostar polo software libre (+/- GNU/Linux).

Ó parecer este Plano Etratéxico Galego da Sociedade da Información foi impulsado polo BNG, como parte do pacto de governo co PSdeG, coa, ata o de agora, única medida da creación dos portais ManComún e Sociedade da Información. Aínda que agora se esta comprobando o escaso desenvolvemento desta iniciativa.

Actualmente, a Xunta e tódolos organismos que dela dependen (sergas, institutos, escolas, bibliotecas, policia autonómica..., por non falar de tódolos concellos) usan case en exclusiva con Windows. Isto supón un gasto anual de millóns de euros en pagar licencias de uso (só o I.E.S.Rodolfo Ucha de Ferrol paga +/- 120.000€ de uso de Windows, aparte Office, Autocad...). Este gasto, por se non quedou claro, só permite o uso dos programas, aparte hai que pagar ós técnicos e exeñeiros informáticos que arranxen e creen programas específicos para o Windows.

Coa implantación do GNU/Linux evitariase o pago das licencias de uso, a cambio habería que dispor de técnicos e enxeñeiros informáticos que implantasen, mantiverán e creasen programas para o novo sistema, có conseguinte aforro (licencias). Ós que non estean moi duchos neste tema, dicir que outras autonomías españolas xa teñen todo isto implantado e con moi bos resultados, coma Estremadura e Andalucía(outras autonomías estan niso). Destacar que estas autonomías son as que teñen unha renta per cápita máis similar á Galiza(non se trata de Catalunya, Euskadi, Valencia...).

Resaltar que coas licencias só se paga o uso dos programas, Microsoft non fai programas específicos para a Xunta, nin arranxa os ordenadores e nin tan sequera os seus sistemas funcionan correctamente, e se non que erga a man o que sepa porque colgase o seu Windows.

Non sei como veredes isto, pero para calquera informático cun par de dedos de fronte, isto é un gasto innecesario que ben poderiase evitar. E se o pensades, que é mellor darlle cartos e manter a unha empresa estadounidense (e ó maior millonario do mundo, Bill Gates), ou que eses cartos empreguense en crear postos de traballo para os cidadáns galegos.

Sei que a maior parte da xente usa Microsoft, pero polo menos sabede o que usades (Windows garda unha parte da túa conexión a internet para comunicarse con Microsoft, envialle datos de que programas usas, cando accendes o ordenador, se ves esta páxina ou aquela...). Que non vos pareza o mellor do mundo...

1 comentario:

Lunet dijo...

Confirmado pola páxina web do GNIX(publicación no D.O.G.):
A Xunta adxudica 1.452.500 € a Microsoft polas licencias dos anos 2007,2008,2009. Carallo¡¡¡ Por estes cartos anda que non se creaban postos de traballo para traballar co software libre, isto é tira-los cartos¡¡¡. Puff¡¡¡