23 abr 2007

Proxecto Trisquel

O GNU/Linux galego oficial¡¡¡ Está desenrolado pola Universidade de Vigo e pola Xunta de Galiza. Existen outros Gnu/Linux galegos (coma GNIX), pero este ten apoio institucional.

Trisquel é un proxecto de desenvolvemento de software que ten como obxectivo a creación dun sistema operativo de propósito xeral, en galego, e empregando exclusivamente software libre.

Trisquel GNU/Linux é un sistema operativo completo baseado no repositorio de aplicacións do proxecto Debian e o núcleo Linux 2.6, que inclúe o conxunto de aplicacións do Proxecto GNU, e moitas outras. Hai dúas versións: TrisGuel, con Gnome 2.14, e TrisKel, con Kde 3.5. Ambas incluen OpenOffice.org 2.0, Mozilla Firefox e outras utilidades que cubren case calquera campo da informática. Proporciona detección e configuración automatizada de todo tipo de hardware, instalación gráfica sinxela, e actualización automátizada.

Trisquel GNU/Linux inclúe os idiomas galego (por defecto), castelán e inglés.

Descargar Trisquel

Trisguel 1.0 (GNOME) RECOMENDADO
Trisguel PeME 1.0 Beta
Triskel 1.0-rc5 (KDE)


Unha mostra da potencia deste S.O. é a súa interacción co motor gráfico XGL:

8 comentarios:

patxon dijo...

Que eu saiba non hai ningunha distribución GNU/Linux que poida ter como apelativos "galega" e "ofical" xuntos.

Por outra parte, noraboa por volver abrir a páxina, esta é menos caseira, pero máis bonita. Outra cousa, mellor que non copy-pastees as cousas que escribes, queda máis elegante; o obxectivo é divulgar, non repetir consignas como se fosemos loros.

Lunet dijo...

Trisquel é unha distribución amparada e desenrolada pola Universidade de Vigo e a Xunta de Galiza, por iso a chamo 'oficial', con isto quero dicir que supostamente terá maior soporte e medios que outras que están feitas por grupos de particulares (é o equivalente a Guadalinex, Max...). Ten unha parte pasteada porque simplemente quero promocionala e dala a coñecer.

P.D.: Quedei bastante abraiado co video¡¡¡ Xa teño as 3 versións baixadas, haber cando as probo.

Lunet dijo...

O de pastear tamén ven porque aínda estou aprendedo a manexar o blogger e bastante pelexei hoxe co XML (ou como se chame) como para descubrir como se meten imaxes, ligazóns... En vindeiras entregas mellorarei neste tema.Don't worry, be happy¡¡¡

patxon dijo...

Bueno, Trisquel non está ao mesmo nivel que Linex. A Xunta pon pasta, pero non usa trisquel como distro oficial para todos os seus estamentos. A Xunta ainda usa windows!!! xDD

Lunet dijo...

Xa probei a distribución live Trisguel 1.0. Pero só me funciona no ordenador do Concello (peor que o meu de casa). En modo live funcionalle o entorno 3D logo de executar a sentencia 'compiz --replace'. Vai guai ata que se queda pillado o rato (o resto do sistema segue en marcha), isto pode pasar ós 30s ou ás 2 horas. Cando solucione un par de detalles posiblemente o instalarei na casa.

patxon dijo...

En casa tes Debian non?

Non tes por que desinstalalo para ter entorno 3D, XGL pode empregarse en todas as distros GNU/Linux :)

patxon dijo...

http://es.wikipedia.org/wiki/Xgl

http://blog.wunslov.com/

http://www.vivalinux.com.ar/desktop/xgl-en-debian.html

http://sonique54.free.fr/xgl/xgl.htm

http://es.wikipedia.org/wiki/Beryl

;)

Lunet dijo...

Xa sei que se pode instalar en todalas distros, pero tampouco querome rompe-la cabeza na instalación. De tódolos xeitos teño que coller unha distribución, dunha vez, e exprimila para aprender. Pode ser que me meta a Debian